A asociación veciñal de Vilapedre organiza un concurso de alumeado de Nadal

A asociación de veciños de Vilapedre, en Vilalba, volverá convocar este ano o concurso de alumeado de Nadal, que tivo a súa primeira edición o pasado ano.

O obxecto do curso é animar aos veciños a adornar as súas casas nestes tempos de covid. O alumeado deberá estar no exterior da casa.

O interesados en participar teñen de prazo ata o día 25 e o concuso levarse a cabo a través das redes sociais. Así, deberán subir ao Facebook tres fotos da decoración etiquetando á asociación. Deberán incluír o nome da casa e o barrio así como o título do concurso.

Ademais dos megustas do público haberá un xurado para calificar os distintos candidatos cun sistema de puntos.

Todos os participantes recibirán un agasallo e haberá premios para as tres propostas máis votadas.

Etiquetas