A campaña do comercio de Guitiriz repartirá 2.150 euros en premios

A campaña do comercio de Guitiriz repartirá 2.150 euros en premiosO Concello de Guitiriz xa ten en marcha a súa campaña de promoción do comercio local para o Nadal denominada Mercar no Concello de Guitiriz ten premio na que se repartirán 2.150 euros entre todos os establecementos participantes.

Son un total de 43 os comercios do municipio que se sumaron a esta iniciativa, que se levará a cabo ata o 5 de xaneiro. A principal novidade deste ano é que cada establecemento participante, que repartirá rifas desde o número 000 ata o 999, entregará aos seus clientes un premio de 50 euros que deberá consumirse nese mesmo negocio. Os gañadores serán aqueles que a súa papeleta coincida cos tres últimos números do 1º premio da lotería do neno, que se celebrará o venres 6 de xaneiro de 2021.

Os establecementos participantes son: Panadería David, Panadería La Esquina, Panadería Gómez, Carnicería Vitorio, Carnicería Juan López, Supermercado Día, Supermercado Gadis, Supermercado Froiz, Frutería La Maja, A Badorna, Foto Suso, Foto Kantero, Armería Zapatería Guitisport, Mosquito Moda Infantil, Anitta Chic, Modas Sanjurjo, Mercería Entrefíos, Droguería Cheno, Ialar Cortinas, Feixe, Librería Castaño, Expendiduría Guitiriz, Bazar Fei Xiang, Floristería Teixido, Joyería Roibás, Videotel, Ferretería Amador, NR Fisioterapía, Peluquería Roberto Amor, Peluquería Silvia Pardo, Peluquería Borea, Salón Amanda Vázquez, Sara Sara Sanjiao Estilistas, Peluquería Ángeles Costa, Peluquería Zalois, Restaurante La Casilla, Restaurante O Korreo, Casa Nistal, Casa Gaibor, Casa Barxa, Bar Centro, Pastelería Nimbos e Casa Pepe.

Etiquetas