O Belén de Begonte abriuse cun pregón virtual

O Belén de Begonte abriuse cun pregón virtualNo Belén de Begonte, o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, deu lectura ao primeiro pregón virtual do Nadal, en presencia do alcalde de Begonte, José Ulla, e do presidente do centro cultural que impulsa o Belén electrónico de Begonte e as actividdes do Nadal begontino, Jesús Domínguez Guizán.

O pregón, ao que acompañou musicalmente ao baixo o profesor da Escola Músico Crisanto de Rábade-Begonte-Outeiro de Rei Carlos Andrés Martínez López foi gravado en video para incorporalo á web www.belendebegonte.es, na XLIX edición do Nadal de Begonte, que vai ser esencialmente virtual pola situacion sanitaria actual.

Durante o acto, o alcalde e o presidente do centro cultural entregaron ao pregoeiro a praca que o acredita como Primeiro Pregoeiro Virtual do Belén de Begonte.

As actividades desta edición especialmente virtual do Nadal begontino serán presentadas a próxima semana, así como será efectuada a convocatoria dos diversos certames que con tal motivo ven impulsando o Belén electrónico desde hai case medio século.

Etiquetas