Parga acolleu os xogos de Special Olympics

O Concello de Guitiriz acolleu durante a xornada de onte os XXIII Xogos Autonómicos de campo a través e petanca organizados por Special Olympics, que se desenvolveron no campo de fútbol Noreña Basalta, en Parga.

Durante a inauguración deste evento social e deportivo destacaron a importancia que ten o deporte como ferramenta para favorecer a plena inclusión e a igualdade de oportunidades. Gabouse o traballo que realiza Special Olympics neste ámbito, “fundamental para dar visibilidade a estas persoas e concienciar á sociedade en xeral”.

Etiquetas