Cuba participa nunha masterclas de loita en Vilalba

Cuba participa nunha masterclas de loita en VilalbaVilalba acolleu o Clinic Internacional de Loitas Olímpicas Tokio 2020. O técnico convidado para dirixir o Clinic foi Sergei Priadun (Ucraina), que ten no seu palmares deportivo logro como ser deportista Olímpico en Sidney 2000, dúas veces subcampión de Europa absoluto de Loita Libre Olímpica, campión da Copa do Mundo de Loita Libre Olímpica e campión do Mundo militar de Loita Libre Olímpica.

O clinic tivo que reducirse en oferta, para adecuarse a normativa anticovid, aforo, distanciamento e grupos burbulla.
Este clinic de formación ten como obxectivo facilitar a formación de Jose Cuba, do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, de cara os torneos de clasificación Olímpica.

Foi unha xornada de excelencia técnica sobresaínte, por parte de Sergei Priadun, que amosou toda a súa experiencia e repertorio técnico, unha masterclas, para os asistentes.

Nesta época de test covid, grupos estables e actividades moi reducidas, dende a Federación Galega de Loita e D.A. están ampliando o número de actividades e reducindo notablemente os participantes. “Non podemos parar de traballar. O deporte está baixo un novo paradigma: a crise da covid, está a mudar o plantrexamento e obxectivos das actividades e o día a día do deporte”, afirma Pablo Pintos.

Etiquetas