Adxudicado á empresa Virxe do Carme o SAF de Begonte por dous anos

O Concello de Begonte adxudicou á empresa pontesa Virxe do Carme o contrato do Servizo de Axuda non Fogar (SAF) na modalidade de dependencia. O importe da licitación ascende a un total de 1.021.363,20 euros, co Ive incluído, por un período de dous anos.

Finalmente o contrato, ao que tamén se presentou a empresa Servital, renova coa que xa ten o servizo na actualidade e faina cunha cunatía de 510.651 euros ao ano e un total de 30.66o horas deixando finalmente o prezo da hora de servizo en 15,99.

Da atención domiciliaria dos 70 usuarios que ten na actualidade encárganse uns 20 traballadores, entre os que figuran unha persoa encargada da coordinación da asistencia e as auxiliares. Ademais dos gastos derivados dos salarios do persoal, neste contrato, que ten unha duración de dous anos, tamén se incluíron a maiores o aporte de axudas técnicas, cinco unidades de guindastre, 15 camas artiuladas e cinco unidades de cadeiras de duchas.

Etiquetas