O PSOE apoia ás familias de Baamonde que protestan pola unificación dos colexios

A secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e deputada Autonómica, Patricia Otero participou nunha xuntanza, en Baamonde, xunto coas familias e os veciños afectados, polo anuncio de peche do colexio desta comarca. Alí anunciou que rexistrará iniciativas no Parlamento de Galicia para esixir explicacións por este novo recorte educativo na provincia.

Otero dixo que esta medida, proposta unilateralmente polo alcalde, para dar cobertura neste mesmo centro a un conservatorio de música “encarece de xeito dramático un servicio tan esencial como é a educación. Xa que neste espazo no que estudan actualmente 29 alumnos, terían que desprazarse ao colexio de Ceip Virxe do Corpiño de Begonte, sumando un total de preto de 100 alumnos”.

Así as cousas remarca que “coa situación actual da pandemia da covid non parece que sexan estas as datas máis axeitadas para xuntar aos alumnos dos dous centros. Ademais nestes intres contan con tódalas garantías e medidas para ser atendidos co suficiente espazo, nas aulas destes dous colexios”.

A deputada Autonómica tamén sinala que este novo recorte de servizos “afecta de pleno ao rural da nosa provincia. Por unha banda pedimos as familias e as empresas que aposten polo noso rural, pero por outra, comprobamos que nin sequera poden estudar. Primeiro comezaron os recortes coas liñas de autobuses na nosa provincia, despois os centros de saúde como en Parga ou en de Castro de Rei, e agora pechan os colexios como o de Baamonde”, advertiu.

Xuntanza coas familias e os veciños afectados

Otero, tras manter unha xuntanza coas familias e os veciños afectados en Baamonde, avanzou que rexistrará unha batería de iniciativas na Cámara Autonómica, para reclamar explicacións por este novo atropelo dos dereitos educativos da provincia de Lugo.

E pregunta “si a Xunta ampara a decisión unilateral do Alcalde para pechar o colexio de Baamonde e facer un conservatorio de música?. Porqué o que o que nos tememos é que o PP peche o centro educativo de Baamonde, e despois os alumnos queden sen centro e finalmente tampouco abra o conservatorio de música. Por iso quero lembrar que nos orzamentos da Xunta non existe nin un só euro comprometido para este proxecto. Si o Concello ou a Xunta queren facer un conservatorio de música en Begonte, que o faga, ten o noso total apoio, pero sen pechar ningún centro educativo”, resumiu.

Etiquetas