A Reigosa acollerá a obra de Lume Escénico, ‘Cousa de bares’
A asociación de veciños da Reigosa acollerá para o sábado 19 a obra de Lume Escénico, Cousa de bares, apta para todos os públicos.
É unha actividade promocionada pola Deputación e é totalmente de balde e será ás 20.30 horas no local sociocultural da Reigosa.
Para poder asistir haberá que reservar a través do whatssap 658 264 473, no grupo da asociación ou nas súas redes sociais xa que as prazas son limitadas.
Por suposto cumpriranse as medidas sanitarias vixentes e é obrigatorio o uso de máscara.
Etiquetas A PastorizaA Reigosateatro