Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Abre o prazo para o inscribirse no campamento da Casa das Insuas

Por 17 Decembro, 2020Sin comentarios

Xa está aberto o prazo de inscrición para o campamento que se desenvolverá este Nadal na Casa das Insuas de Rábade e que leva por título A bandada das Insuas.

Terá lugar os días 28, 29 e 30 de decembro de 10:00 a 13:00 horas cun contido medioambiental, un completo programa de actividades relacionadas coa natureza para desfrutar do Nadal.

As actividades son gratuítas e poden participar nenos de 6 a 12 anos. As prazas son limitadas polo que haberá que inscribirse previamente e informarse no teléfono 982 39 00 62 ou na área de deporte e cultura do Concello de Rábade.

En todo momento manteranse as medidas de seguridade e protección: control de temperatura, máscaras, xel hidroalcólico, desinfección de calzado e distancia de seguridade entre os participantes.