Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Balado recomenda que non se consuma a auga da traída en Castro estes días

Por 17 Decembro, 2020Sin comentarios

Balado recomenda que non se consuma a auga da traída en Castro estes díasO alcalde de Castro de Rei; Francisco Balado, recomendou aos seus veciños que non consuman auga directamemnte da traída municipal polos problemas que está a causar a captación de Quintela debido ao desbordamento do Miño ocasionado polas choivas dos últimos días.

Segundo indica ao alcalde, a auga da traída adquiriu olor a purín polo que recomenda que nestes tres días non se consuma a auga directamente do grifo ou que, no seu caso, se ferva.

Segundo indicou o mandatario, os filtros da depuradora están a impedir a turbidez da auga pero non así o olor.

Esta situación afecta ao núcleo de Castro e a 13 parroquias: Duarría, Loentia, Ribeiras de Lea, Matodoso, Triabá, San Xiao de mos, Ansemar, Viladonga, Quintela, bendia, bazar, Outeiro e Pacios.

No Concello están á espera dos resultados das análises pero recomendan que non se consuma polo momento do mesmo xeito que fan unha petición para que non se abone con purín.