O RC Vilalbés presenta unha app móbil que informa sobre a actualidade de club

O RC Vilalbés presenta unha app móbil que informa sobre a actualidade de clubO Ráncing Club Vilalbés deu un paso máis na súa renovación e vén de publicar unha nova aplicación móbil para que os seus afeccionados podan seguir a actualidade do club minuto a minuto.

Esta aplicación xa está dispoñible en App Store e Play Store (racing club vilalbés) e pode descarse gratuítamente en calquera teléfono. Ofrece información de última hora sobre resultados, fotos e as últimas novidades do club ademais de material complementario como entrevistas ou crónicas.

A información non se centrará unicamente no primeiro equipo, que milita na Terceira División, xa que tamén ofrecerá información sobre as cartegorías inferiores. Agora mesmo só está en competición o conxunto xuvenil de Liga Nacional xa que o resto de categorías están paralizadas pola covid-19.

RESIDENCIA DE MAIORES

Por outra banda, o club aproveitou tamén para mostrar “o seu apoio e solidariedade” cos usuarios, traballadores, patronato e amigos da Residencia de Maiores de Vilalba, que foi golpeada esta tempada pola covid-19.

O club manifestou que están “a súa enteira disposición con todos os medios humanos e materiais do club para calquera cousa que esta entidade poda necesitar”.

 

Etiquetas