Skip to main content
AbadínActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Os Reis volverán entregar os tradicionais agasallos en Abadín

Por 17 Decembro, 2020Sin comentarios

Os Reis volverán entregar os tradicionais agasallos en AbadínO Concello de Abadín prepara a programación de Nadal que contará este ano cunha representación dos Bolechas, que escribirán unha carta urxente aos Reis Magos dirixido ao público infantil e familiar.

Trátase dunha representación de monicreques manipulados por actores que terá unha duración de 50 minutos.

A representación terá lugar ás 17.00 horas no salón de actos do Concello o día 26 de decembro, sábado.

Tamén está prevista a visita dos Reis Magos, que sempre é o prato principal da programación de Nadal do Concello de Abadín. Non haberá cabalgata para evitar concentracións de persoas pero si os Reis recibirán aos pequenos aínda que de forma diferente. Así a intención é que os pequenos acudan a visitar os Reis en diferentes franxas horarias dependendo da súa idade, aínda que non teñen definido como será. O que aseguraron dende o Concello que todos os nenos recibirán o seu agasallo como en anos anteriores.

Por outra banda, o alcalde, José María López Rancaño, avanzou que haberá campamento infantil para os pequenos durante os días non lectivos para axudar a concicliar a vida familiar e laboral pero nesta ocasión non se permitirá, tal e como se fixo no verán, que asistan nenos que non estean empadroados co obxectivo de impider os contexios de covid-19.