A provincia continúa a conter o virus e Vilalba mellora

A provincia de Lugo enfronta unha fin de semana de tranquilidade tras unha nova baixada da incidencia do virus a nivel xeral. Así continúan baixando os casos activos ata situarse en 401, con 32 menos (onte foron 29) tras sumar 7 novos positivos (onte foron 15) e 51 altas (onte foron 41). Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.721 e 6.177 curados. Ademais, segue a haber 141 vítimas mortais dende que comezou a pandemia.

A hospitalización mantense igual, con 6 persoas na UCI (1 máis) e 17 en planta (1 menos). Destes 17, 12 seguen no Hula, 3 na Mariña e 2 en Monforte (un me os que onte).

Por concellos, en Vilalba segue baixando pouco a pouco o número de positivos a 14 días e xa está en 36 (3 menos que onte). Cospeito tamén rebaixa o seu número acumulado de casos a 13, un menos. Este concello era o que tiña a incidencia por número de habitantes máis elevada da comarca.

Pola contra, Muras, Abadín, Riotorto, Begonte e Pol non rexistraron ningún positivo nos últimos 14 días.

Na veciña As Pontes mantense os datos 134 novos casos nos útltimos 15 días á espera de poder estabilizar unha situación que resulta moi preocupante para as autoridades sanitarias.

Tanto Vilalba como As Pontes continúan en alerta máxima con peche permiteral e da hostalaría a partir das 17.00 horas, así como 50% de aforo no exterior con agrupacións dun máximo de 4 persoas.

GALICIA

Mentres a provincia mellora, a comunidade autónoma volveu a rexistrar datos e crecemento do virus con 5.641 contagios activos, 23 máis que onte, tras contabilizar 408 nas últimas 24 horas, un máis.

Un dos motivos é que o ritmo de altas, 380 nas últimas 24 horas, 58 menos que o mércores, volve ser máis baixo que o de novos contaxios. Por outra banda, o saldo mortal da pandemia elévase ata as 1.332 vítimas tras cinco novos decesos.

Tamén aumentou a presión asistencial con 309 persoas hospitalizadas, sete máis que onte, e 55 en unidades de críticos, cinco máis.

A área sanitaria de Vigo volve ser a que maior incidencia acumulada padece, con 1.302 casos, seis menos que onte, e a que máis PCR positivas reporta, con 90, dúas menos.

A continuación figura a de Santiago con 1.144 contaxios activos, 44 máis que onte, tras notificar 84 positivos, sete menos.

Nas últimas horas repuntou a incidencia na área de Pontevedra, con 62 positivos, trece máis, que elevan a incidencia acumulada a 897 casos, 32 máis.

Igual situación atravesan Ourense, con 480 contaxios activos, 22 máis, e 49 PCR positivas, sete máis; e Ferrol, con 556 contaxios activos, un máis, e 29 PCR positivas, catorce máis.

Por contra, A Coruña mantén a tendencia descendente e rebaixa a 861 a súa cifra de casos activos, 38 menos, tras dar conta de 46 novos casos, sete menos.

Ata a data 58.341 persoas infectáronse en Galicia, das que faleceron 1.332 e recuperáronse 51.373.

Etiquetas