Nova iniciativa para impulsar o comercio local en Vilalba

Nova iniciativa para impulsar o comercio local en Vilalba O Concello de Vilalba pon en marcha una nova iniciativa promocional de apoio ao comercio local, co obxectivo de incentivar o consumo no Nadal.

Nas próximas datas, o concello repartirá 20.000 bolsas e 10.000 pegatinas co lema Grazas por mercar en Vilalba, que os establecementos comerciais darán ás veciñas e veciños que fagan algunha compra.

“Facemos un chamamento á realización das compras no comercio local, ao ser un dos sectores que máis están a sufrir as consecuencias da crise sanitaria e económica provocada pola Covid-19, temos que coidar do noso, do máis próximo”, asegura a concelleira de Comercio de Vilalba, Marta Rouco.

Despois de meses moi complicados, o Nadal é unha campaña fundamental para reactivar o comercio e a economía local, polo é importante que a veciñanza tome conciencia de apoiar aos establecementos de Vilalba.

Esta iniciativa únese a ReActivaVilalba, que rematou o pasado día 8 e a través da cal o Concello de Vilalba puxo á disposición da veciñanza máis 420.000 euros para dinamizar o comercio a través de bonos de consumo de 30 euros.

Etiquetas