Endesa doa 65.000 euros para o comercio das Pontes

Endesa doou 65.000 euros ao pequeno comercio das Pontes como axuda para tratar de superar os efectos socioeconómicos da pandemia de covid-19 tal e como explicou a empresa, que entregou esta suma ao Concello para que a xestione a través do seu proxecto Impulsa. A medida forma parte do Plan de Responsabilidade Pública de Endesa, con actuacións en toda España.

O programa en como obxectivo dotar aos pequenos comerciantes de apoio para saír da crise tanto a través do asesoramento individualizado, como do desenvolvemento dunha plataforma de venda en liña e do fomento da cultura emprendedora.

 

Etiquetas