A situación do virus mellora en Vilalba e comeza a controlarse nas Pontes

A situación do virus mellora en Vilalba e comeza a controlarse nas PontesA provincia de Lugo tras un pequniño repunto hoxe volve á senda do control do virus e suma en dous días 30 casos activos menos e así xa son 371 tras sumar 26 novos positivos nas últimas 24 horas e 90 altas en dous días (onte foron 28). Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.781 e 6.267 curados. Ademais, segue a haber 141 vítimas mortais dende que comezou a pandemia aínda que dous veciños de Lugo morreron en hospitais doutras áreas e non computan en Lugo.

A hospitalización volve reducirse en termos xerais con 6 persoas na UCI (igual que hai dous días) e 13 en planta (4 menos). Destes 9 seguen no Hula (3 menos), 3 na Mariña e 1 en Monforte (un menos que hai dous días).

Por concellos, en Vilalba segue baixando pouco a pouco o número de positivos a 14 días e xa está en 31 (5 menos dende o venres). Cospeito tamén rebaixa o seu número acumulado de casos e xa está en 10, tres menos.

Pola contra, Muras, Abadín, Riotorto, Begonte e Pol non rexistraron ningún positivo nos últimos 14 días.

Na veciña As Pontes empezan a mellorar os datos e xa baixan dez nas últimas 48 horas polo que actualmente os casos declarados na útlima quincena sitúanse en 124.

Tanto Vilalba como As Pontes continúan en alerta máxima con peche permiteral e da hostalaría a partir das 17.00 horas, así como 50% de aforo no exterior con agrupacións dun máximo de 4 persoas.

Etiquetas