Manuel Becerra conta xa cun monolito na Ponte de Outeiro

O escritor, humanista, e ex-Ministro Manuel Becerra Bermúdez, recibiu xa a súa homenaxe na parroquia natal de Santa María de Outeiro en Castro de Rei nun acto no que se descubriu unha placa en recoñécemo a esta figura tan senlleira do s.XIX, e coincidindo co 200 aniversario do seu nacemento.

O voceiro do PSdeG, Jose Luís Castro Tellado, sinalou que “esta pequena homenaxe á figura de Becerra, contribúe a poñer en valor o noso legado histórico e cultural, e ao mesmo tempo é unha oportunidade para dar a coñecer a vida e a obra dun político e unha humanista fundamental na historia do s.XIX, do que todas as veciñas e veciños nos temos que sentir moi orgullosos”, relatou.

Fervente defensor da democracia

Manuel Becerra Bermúdez foi elixido fillo preclaro e predilecto de Lugo pola Deputación no ano 1888. Destacou como Fundador do Partido Demócrata., fervente defensor da democracia, e tamén exerceu como Ministro, ata en sete ocasións. Foi diplomático co Vaticano, e conseguiu que a Igrexa xurará a Constitución de 1868.

Ingresou na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. A súa proposta de “Monarquía Federal”, foi o antecedente do noso “Estado de Autonomías”. No eido educativo foi defensor a ultranza da inclusión da Educación Física como asignatura obrigatoria no Bacharelato”. Tamén presidiu o histórico Centro Galego de Madrid, promotor da celebración do San Froilán en Madrid. E as súas xestións facilitaron a construción dun Campo de Tiro de San Cibrao, a Escola Preparatoria Militar e a Escola de Artes e Oficios.

 

Etiquetas