Os datos da covid seguen á baixa en todos os niveis

Os datos da covid seguen á baixa en todos os niveisA provincia de Lugo descende de novo no seu número de casos activos aínda que nesta ocasión de forma anecdótica xa que só baixa dous casos dende onte ata os 369. Este número vén condicionado polos tras sumar 17 novos positivos nas últimas 24 horas (onte foron 26) e 19 altas. Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.798 e 6.286 curados. Ademais, segue a haber 141 vítimas mortais dende que comezou a pandemia aínda que dous veciños de Lugo morreron en hospitais doutras áreas e non computan en Lugo.

A hospitalización estabilízase con 6 persoas na UCI (igual que nos últimos días) e 14 en planta (1 máis). Destes, 10 hai no Hula (1 máis), 3 na Mariña e 1 en Monforte (os mesmos de onte nos dous casos).

Por concellos, Vilalba mantense nos 31 contaxios novos nos últimos 14 días mentres Cospeito volve a estar por debaixo dos dez casos novos na última quincena, tras superar un pequeno gromo vinculado á residencia de maiores de Vilalba.

Pola contra, Muras, Abadín, Riotorto, Begonte e Pol non rexistraron ningún positivo nos últimos 14 días.

Na veciña As Pontes segue a mellorar a situación e baixa aos 114 casos nos últimos quince días, dez menos que os rexistrados onte.

Tanto Vilalba como As Pontes continúan en alerta máxima con peche permiteral e da hostalaría a partir das 17.00 horas, así como 50% de aforo no exterior con agrupacións dun máximo de 4 persoas.

Etiquetas