Os pais volven manifestarse contra o peche do Ceip de Baamonde

Os pais volven manifestarse contra o peche do Ceip de BaamondeBaamonde acolleu este domingo unha nova protesta contra o peche do colexio. Tras o acto do pasado domingo, na localidade volvéronse concentrar preto dun centenar de persoas, entre pais e alumnos, que mostraron o seu rexeitamento a esa iniciativa. Debido a isto, explicaron durante a concentración que continuarán coas súas demandas para evitar o peche do colexio, unha iniciativa do alcalde José Ulla, que quere unificar todo o alumnado no centro de Begonte e utilizar as instalacións de Baamonde para o conservatorio de música.

As familias subliñaron que o funcionamento do centro e o seu traballo en educación son satisfactorios e vinculan a intención do peche con políticas de abandono do medio rural.

Avanzaron os manifestantes que continuarán coas mobilizacións todos os domingos e que estudan outras medidas de presión.

Etiquetas