Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Adamo facilita videochamadas con Melchor

Por 20 Decembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A irrupción da covid-19 provocou numerosos e profundos cambios tanto na realidade cotiá como nas celebracións e as datas sinaladas. Debido a esto e ante a proximidade do nadal, Adamo facilitará videochamadas co rei Melchor para que os nenos poidan lerlle as súas cartas e pedirlle os agasallos que desexan.

Desta maneira, a compañía colabora en que un Nadal que non van ser como as doutros anos, que se desenvolveron con normalidade, sexan o máis levadías que sexa posible. Así, ante as limitacións para ver aos Reis Magos en persoa, o operador facilitará encontros en liña con Melchor ao longo das festas.

Aqueles interesados en participar nestes eventos a través de Internet, unicamente deben cumprimentar o formulario habilitado para o efecto. Tras iso, recibirán por correo electrónico a ligazón coa data e a hora da cita na que poderán atoparse co rei Melchor.

A comunicación entre os pequenos e este mago de Oriente está asegurada pola conexión de Adamo, que proporciona a maior velocidade da internet que existe hoxe en día no mercado, os 1.000 Mbps que ofrece o operador en todos os seus paquetes e categorías.

Oferta de Nadal de Adamo

Esta actividade infantil únase á oferta de Nadal de Adamo, que segue profundando na súa política de favorecer ao usuario con novos descontos. Nesta ocasión, ademais, ofrecendo a posibilidade de escoller a modalidade que mellor se adapte a cada perfil: o cliente pode elixir entre 100 euros de desconto ou levar gratis un móbil Xiaomi.

BUSCAR O POBO MÁIS AMADO

Por outra banda, Adamo pon en marcha un concurso para descubrir cal é o pobo máis amado. Non se trata de, efectivamente, dar coa localidade cuxos habitantes teñan maior sentimento pola mesma. O obxectivo real desta iniciativa é lembrar e destacar as virtudes das formas de vida que se desenvolven no mundo rural.

En Adamo preténdese dar cobertura aos profundos cambios vitais, sociolóxicos, sanitarios, sociais e laborais que xa son unha realidade tras a irrupción do coronavirus. Desde o cambio de domicilio a municipios con menos poboación e as citas médicas por Internet, pasando polos xa imprescindibles teletraballo e formación en remoto, ata o comercio e o lecer en liña.

Esa volta ás orixes ha de ir acompañada dunha igualdade de oportunidades -tamén tecnolóxicas e de telecomunicacións- para o ámbito rural en relación ás contornas urbanas. Para iso, resulta clave que a fibra óptica chegue a todos os recunchos e ás zonas desconectadas.

PARTICIPACIÓN

Os propios veciños dos pobos, así como simpatizantes destes, poderán enviar fotos de lugares emblemáticos, bonitos ou con algunha significación. Calquera imaxe que cada participante prefira, que sirva para ilustrar a beleza de cada sitio, a forma de vivir, a historia, a gastronomía, etc. Tamén vídeos con testemuños para que aqueles poidan relatar por que cren que o municipio en cuestión é o máis querido.

Ao obxecto de recibir ese material Adamo habilita unha web para as votacións, que lanzarán un gañador cuxos habitantes se beneficiarán dunha oferta exclusiva, así como o seu concello terá un ano gratis de conexión a Internet. Así, Adamo fará posible que ‘a poboación máis amada’ convértase tamén na mellor conectada coa fibra óptica máis rápida que existe no mercado (1.000 Mbps).

Finalmente, cabe subliñar que Jesús Quella, o popular presentador de televisión e tamén embaixador de Adamo, colaborará na procura dese municipio tan especial. Así mesmo, realizará unha visita ao mesmo, a aquel que resulte gañador.