Rematan as obras do vial de acceso a Cascamaño, en Codesido

Rematan as obras do vial de acceso a Cascamaño, en CodesidoO Concello de Vilalba informa do remate das obras para a renovación e pavimentación do vial de acceso ao núcleo de Cascamaño, na parroquia de Codesido.

Os traballos, cun orzamento de 21.000 euros, forman parte do plan integral de mantemento e renovación de viais e camiños nas parroquias de Vilalba, posto en marcha polo actual grupo de goberno no concello.

A actuación foi na estrada de acceso ao núcleo de Cascamaño, cun percorrido de 820 metros e un ancho de tres metros. A superficie anterior de rodadura estaba afirmada con zahorra e sen pavimentar, o que provocaba dificultade para circular, xa que ademais a vía é o único acceso rodado ás vivendas da zona.

“Con estas obras damos resposta ás demandas veciñais, que pedían unha maior seguridade viaria na parroquia e estaban case incomunicados desde hai case 20 anos”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

Etiquetas