Vilalba rebaixa o seu confinamento pola boa evolución do virus

Vilalba rebaixa o seu confinamento pola boa evolución do virusO comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na última reunión que o concello de Vilalba baixe ao nivel medio alto de restricións.

Polo tanto, a hostalería permanecerá aberta ata as cinco da tarde, pero a maiores permitirán unha capacidade do 30% no interior do local, ademais do 50% no exterior, que xa estaba permitido. Ademais, continúan as limitacións especiais de mobilidade no concello.

No resto da provincia, Lugo segue confinado malia a súa boa evolución, aínda que lenta, e tamén se manterá unha vixilancia especial nos concellos de Viveiro e Burela tralo novo aumento de casos.

Todas estas medidas, publicadas no DOG de hoxe martes, entrarán en vigor ás 00:00 horas do mércores.

PLAN DE NADAL

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou está mañá dos diferentes axustes acordados polo Comité clínico de expertos sobre o Plan de Nadal galego, elaborado de cara ás xuntanzas navideñas dos próximos días.

Así precisou que entre as 00:00 horas do día 23 de decembro e as 23:00 horas do día 25, permitirase a mobilidade de persoas con motivos das visitas familiares, incluso naqueles concellos que se atopan perimetrados.

Esta mobilidade adicional tamén será extensiva para aquelas persoas que visiten a comunidade durante estas datas, e polo mesmo motivo.

Entre as modificacións anunciadas tamén se inclúe a ampliación da mobilidade nocturna na xornada de Noiteboa pois, nesa data, o retorno aos domicilios poderá ampliarse até as 1:30 horas, no lugar do horario máximo das 23:00 horas que rexerá nos restantes días.

Sobre as xuntanzas familiares, a principal recomendación da Xunta de Galicia é que estas reunións se integren unicamente por persoas que pertenzan á mesma unidade familiar, sendo esta unha modalidade na que non existiría límite no número de persoas.

Nun segundo chanzo, o Executivo galego recomenda que as xuntanzas se cingan a un máximo de dúas unidades familiares, introducindo como límite a cifra de 10 persoas, para respectar o establecido no Plan elaborado polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Por último, a terceira opción proposta pola Xunta, fai referencia as xuntanzas compostas por máis de dúas unidades familiares, unha situación na que non se debe exceder a cifra de 6 persoas adultas, e un máximo que 4 nenos con idade non superior aos 10 anos.

OS DATOS

Ademais, a provincia de Lugo descende de novo no seu número de casos activos aínda que novamente pouco a pouco xa que ten nove casos menos ata os 360. Este número vén condicionado polos tras sumar 14 novos positivos (onte foron 17) nas últimas 24 horas e 24 altas (onte foron 19). Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.815 e 6.310 curados. Tamén hai que lamentar dúas novas vítimas, o que sitúa en 143 as vítimas mortais dende que comezou a pandemia aínda que dous veciños de Lugo morreron en hospitais doutras áreas e non computan en Lugo. Os dous falecidos eran usuarios do asilo de Vilalba, dous homes de 85 e 62 anos de idade.

A hospitalización redúcese tamén con 4 persoas na UCI (dúas menos) e 14 en planta (as mesmas que onte). Destes, 10 hai no Hula, 3 na Mariña e 1 en Monforte (os mesmos de onte nos tres casos).

Por concellos, Vilalba rebaixa ata os 29 contaxios novos nos últimos 14 días mentres Cospeito volve a sumar e sitúase con dez casos novos na última quincena, ao igual que Xermade, tras un pequeno gromo.

Pola contra, Abadín, Begonte e Pol non rexistraron ningún positivo nos últimos 14 días.

Nova rebaixa de casos nas Pontes, con 110 nos últimos quince días, catro menos que os rexistrados onte.

Tanto Vilalba como As Pontes continúan en alerta máxima con peche permiteral e da hostalaría a partir das 17.00 horas, así como 50% de aforo no exterior con agrupacións dun máximo de 4 persoas. A norma cambiará a partir desta madrugada para Vilalba non así para a vila coruñesa.

Etiquetas