Bota a andar nas Pontes unha campaña de apoio ao comercio e a hostalaría

Bota a andar nas Pontes unha campaña de apoio ao comercio e a hostalaríaO Concello das Pontes bota a andar hoxe a campaña de publicidade institucional Co! de apoio ao comercio e a hostalería local co obxectivo de contribuirá a impulsar o desenvolvemento socioeconómico do municipio e fomentar o consumo na vila.

Elena López, concelleira de comercio e hostalaría apunta que “os nosos comerciantes e hostaleiros, como sucede en moitos outros lugares, están pasando por momentos complicados e desde o grupo de goberno entendemos que desde a administración local debemos respaldalos e acompañalos no seu esforzo para adaptarse ao novo escenario xerado pola crise provocada pola Covid 19, promovendo que os veciñas e as veciñas fagan as súas compras e consuman neste locais, apostando así pola xeración de riqueza e o mantemento do emprego nas Pontes”

A campaña, que consta de diferentes pezas para prensa escrita, radio e televisión e redes sociais así como cartaces exterior, está concibida como unha ferramenta de visibilización e promoción da actividade local, facendo énfase no sentido de pretenza ao territorio, no valor que o pequeno comercio e a hostalería aportan á vila para xerar unha cadea de mensaxes positivas e optimistas que, a modo dunha declaración de intensións, inciten á veciñanza a estar CO das Pontes e amosar o seu compromiso e respaldo co consumo local.

Lorena Tenreiro, responsable da área de comunicación, apunta que o lema da campaña e á expresión de respaldo municipal ao comercio e a hostalería local: “en case todos os aspectos da vida, cada persoa se posiciona en contra de algo ou con algo, nos momentos actuais a única opción posible e estar CO, estar coa economía, co emprego, coa veciñanza e co comercio e coa hostalería da nosa vila e esta e a idea que tratamos de trasladar a través desta campaña”

Etiquetas