Castro de Rei contará con maxia e contacontos para este Nadal

Castro de Rei contará con maxia e contacontos para este NadalO Concello de Castro de Rei organiza diferentes actividades para encher de alegría este Nadal tan peculiar. Para os nenos e nenas do municipio celebraranse sesións de contacontos interactivos na casa da cultura de Castro Ribeiras do Lea, o 28 de decembro e o 4 de xaneiro; e no centro sociocultural Xosé Manuel Carballo de Castro de Rei, o 29 de decembro e 7 de xaneiro. Todas as sesións se celebrarán en horario de 18.00 a 18.30 e, para acudir a ditos eventos, será necesario inscribirse previamente mandando un correo electrónico á dirección: nadalcastro2020@gmail.com.

O Concello organiza tamén unha función de maxia para tódolos públicos, que contará co Mago Teto presentando o seu espectáculo Alquimia. Celebrarase o 30 de decembro na casa da cultura de Castro Ribeiras do Lea en horario de 12.00 a 13.00. A entrada será libre ata completar o aforo.

Etiquetas