Skip to main content
ActualidadeMurasSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Panda Cúnico organiza un campamento de Nadal en Muras

Por 23 Decembro, 2020Sin comentarios

A compañía Panda Cúnico organiza para o Nadal un campamento para os nenos e nenas do Concello de Muras. As actividades realizaranse nos días 23,28,29, 30 e 31 de decembro e 4 de xaneiro en horario de 10.00 a 14.00 horas e o día 5 de xaneiro tanto pola mañá coma pola tarde.

O Campamento poderá contar coa participación de 10 nenos ou nenas de idades entre os 3 e os 15 anos, que se repartirán en dous grupos de cinco con un monitor cada un, como establece a normativa hixiénico-sanitaria vixente.

Nestas xornadas os pequenos e pequenas comezaran realizando unha sesión de xogos para coñecerse e perder a vergoña. Despois, faranse diferentes obradoiros con temática de Nadal e os cativos e cativas poderán levarse a casa as súas creacións artísticas. A media mañá, inverterase media hora aproximadamente en almorzar e o día rematará con sesións de xogos tradicionais e populares seguindo tamén a temática destas festas. Para todas as actividades contarase con material e, por suposto, realizaranse respectando as indicacións hixiénico-sanitarias correspondentes á pandemia.

O día 5 de xaneiro, para despedirse do campamento, realizarase a Gran Festa de Nadal con música, xogos, bailes a distancia, globoflexia e moitas máis actividades para os cativos e cativas.