Os escolares adornan o centro de Vilalba

Alumnos dos colexios Monseivane, Terra Chá, Manuel Mato Vizoso e Antonio Insua Bermúdez, así como a Escola Municipal Infantil, a Escola de Educación Infantil e a Escola Infantil Galiña Azul participaron na ornamentación da vila para este Nadal.

Así, elaboraron unha serie de adornos que colgan estes días das árbores da praza da Constitución e lugares próximos nun proxecto novidoso de decoración co que se quixo poñer como protagonistas ás nenas e nenos dos colexios e escolas de Vilalba e tamén aos seus profes que se implicaron desde o primeiro momento.

O Concello agradeceu a todos os partipantes a súa dedicación a este proxecto.

Etiquetas