Adiada a homenaxe ao primeiro director do Insua Bermúdez

O Ceip Insua Bermúdez de Vilalba está preparado xa para render unha homenaxe a José Antonio Varela Veiga, primeiro director do centro e artífice da súa rica vida cultural naqueles anos.

Esta iniciativa logrou xuntar 1.647 euros cos que de colocou no patio un monolito na súa honra, elaborado polo  artesán chairego Marcos Ladra, pero, dadas as condicións epidemiolóxicas actuais, os organizadores decidiron agardar para ser inuaugurado a que a situación sanitaria mellore nun acto no que se prevé actuación dun grupo de gaitas e no que se repartirán exemplares dun número extraordinario, feito expresamente para a ocasión, da revista escolar A Pravia, editada no colexio na década dos oitenta.

Os cartos sobrantes serán doados á biblioteca escolar do centro.

Etiquetas