Nova manifestación mañá contra o peche do colexio de Baamonde

A anpa do Ceip Baamonde e a Asociación de Vecinos Montenegro vén de convoca unha nova concentración contra o peche do colexio local. A marcha partirá as 17.00h dende a igrexa de Baamonde, recorrendo a N-VI ata chegar á rotonda coa N-634, onde se fará unha parada, continuará pola anterior estrada ata chegar ao Ceip de Baamonde.

Os convocantes perdiro que asistisen con vestimenta negra ou escura así como a cooperación de toda a veciñanza e establecementos de Baamonde, Pacios, Carballido, Vilariño, Bóveda, Pígara e Soexo “como principais damnificados ante a pretensión do Concello de Begonte de pechar o colexio de Baamonde”.

“Tamén facemos un chamamento o resto de veciños da nosa contorna ante esta medida que atenta contra o rural”, explican na convocatoria.

A organización da protesta lembra que deberán manterse as distancias de seguridade e sempre permanecer coa máscara posta.

Etiquetas