A situación de Xermade preocupa polo aumento de casos

A provincia de Lugo continúa revertindo o seu cremento negativo do virus e volve sumar casos novos, concretamente dez máis que a xornada anterior polo que xa son 381 os casos activos na xornada deste sábado.

Esta cifra dase pola suma de 33 novos positivos. Malia que as altas continúan non logran superar aos casos novos polo momento. Deste xeito, dende que comenzou a pandemia xa hai 6.939 persoas que padeceron a enfermidade das que 6.412 xa a superaron. Tamén 144 perderon a vida dende o mes de marzo.

A presión asistencial continúa con 145 persoas hospitalizadas, 4 delas na UCI. Ademais hai 6 persoas ingresadas no Hula, 3 na Mariña e 1 en Monforte.

Na Terra Chá a situación mellora considerablemente en Vilalba, onde xa baixaron ata os 18 casos novos nos últimos 15 días mentres en Xermade preocupa o aumento de casos, con 15 novos nesta última quincena.

A situación tamén mellora nas Pontes, onde xa baixaron a 78 casos novos acumulados na última quincena.

Pola contra. Pol, Begonte e Meira seguen sen casos novos neste período mentres As Pontes segue en máxima alerta e Vilalba están no grado anterior ante a melloría rexistrada.

Etiquetas