Felipe Barata publica un novo libro sobre figuras do deporte

Felipe Barata publica un novo libro sobre figuras do deporteO smóking de Roger Federer  é o novo libro do adestrador friolense de atletismo, Felipe Barata que xa viu a luz e que pode mercarse na libería Trama d Lugo.

De novo Barata lembra nesta libro as historias e fazañas de seres atemporais que se converten en Prometeos contemporáneos, que non dubidan en desafiar os deuses co seu infinito talento e admirable tesón. Son 50 cápsulas de vida e ilusión que cobren unha gran parte dos deportes encadrados dentro do programa dos Xogos Olímpicos, se ben tamén hai espazo para outros formatos que non están incluídos dentro do evento deportivo máis importante do mundo, como son os deportes do motor. Ou incluso competicións que por si só teñen a suficiente importancia histórica como para configurar un espazo propio. Dende deportes dunha longa tradición, como pode ser o tenis ou o remo, ata outros que están dando os seus primeiros pasos na alta competición como o BMX ou o skate, todos eles teñen o seu sitio nesta colección de sonoros éxitos imperecedoiros, aínda que tamén algún que outro destacado fracaso e que merece estar neste libro de mostra das grandes capacidades do ser humano.

John Lomu e os All Blacks, Michael Jordan, Alex Honnold, Classius Clay, Valentino Rossi, Michael Phelps, Ayrton Senna, Bobby Fisher, A natación artística rusa, o tiro con arco coreano, o tenis de mesa chino, Lindsey Vonn, Falcao e a maxia do fútbol sala, Simone Biles, Les Experts (balonmano), As Morenas do Caribe (Voleibol), o Red Army (hockey sobre xeo), Greg Louganis, Kiliam Jornet, Fausto Coppi, A Copa América, a regata entre Oxford e Cambridge, Steffi Graf, a incríble historia de Moussambani, a aínda máis incríble de Mitta Nykänen (saltos de esquí), o embeleso da doma por parte de Anky Van Gruvsen, o deus do skate Tony Hawk, o maior duelo nunca visto no triatlón, o salvaxe Ironwar, Larisa Latynina, a xenialidade da futbolista Marta, Tiger Woods, o invencible Karelim, a capacidade de superación de pioneiras do deporte feminino como foron Gertrude Ederle e Charlote Cooper, a querencia de Xapón co Judo e da India co hockey sobre herba, o partido máis epidérmic o da historia de Waterpolo e que fascinou a Quentin Tarantino e, por suposto, o duelo cósmico entre Nadal e Federer na herba de Wimbledon no 2008. Así ata cincuenta crónicas para entender e desfrutar deste espectáculo reconfortante e vital que é o deporte.

Xa no mes de xullo, o friolés publicou, aproveitando o tempo de cuarentena, un libro sobre as xestas do atletismo.

Etiquetas