O PM Friol prescinde do técnico e da delegada do equipo

A semana pasada, tras a derrota contra o Sporting de Xixón, o Peluquería Mixta Friol Feminino celebrou unha xunta extraordinaria para tomar decisións en canto ao futuro do equipo afincado no Reto Iberdrola.

Mediante un comunicado difundido polas súas redes sociais, puxeron de manifesto a decisión de rescindir o contrato de Abraham García e María Castellano, técnico e delegada do equipo ata ese momento.

Nese mesmo documento engádese que o club poderá tomar medidas legais ante “as persoas e medios que contribúan a difundir inxurias e calumnias” dirixidas ao club ou ao seu presidente. Sen máis explicación do sucedido, a Xunta Directiva asina o comunicado e resolve así o que queira que acontecera.

Polo momento, Ángel Villar, presidente do PM Friol, asume o cargo de técnico e descoñecese se continuará ao mando das xogadoras ate final da tempada.

Etiquetas