Mellora a situación en Vilalba e As Pontes, e Xermade mantense

A provincia recupera de novo o senda do crecemento do virus na mesma semana que comeza a campaña de vacinación, que terá nos maiores o núcleo para a súa posta en marcha.

Deste xeito, este luns o balance provincial establece 397 casos activos, 23 máis que hai 24 horas. Este valor vén dado polos novos postivos, que aumentan de novo ata 41 nunha xornada (onte foron 7). Quedan así un total de 6.993 persoas afectadas pola covid-19 dende a orixe da enfermidade no mes de marzo, e 6.449 curados.

O número de falecidos mantense en 145, trala morte este sábado dunha usuaria da residencia de Trabada.

A presión hospitalaria segue controlada. Os centros sanitarios albergan a un total de 14 pacientes, un máis  que o domingo. En concreto, tres  permanecen na UCI (unha menos) e once en unidades de hospitalización: 5 no Hula, 5 no Hospital da Mariña (dous máis) e un no Hospital de Monforte. Lugo e Monforte manteñen as cifras sen variacións.

A situación en Terra Chá tranquiliza, ten a Vilalba con 18 casos detectados nos últimos 15 días cando xa rebaixou un grado a súa situación de alerta.

En Xermade continúa a preocupación pero mantén a súas cifras de casos estable con 17 neste mesmo período.

Mellora moito de novo a situación da veciña vila das Pontes, que baixou en dous días 30 casos e agora conta con 48 novos positivos en quince días. Deste xeito dase un pouco de alivio a un Concello que tivo unha gran presenza do virus nas últimas semanas.

Etiquetas