Os pais de Baamonde volveron concentrarse en contra da unificación dos colexios
A anpa do Ceip Baamonde e a Asociación de Vecinos Montenegro continúan coa súa campaña de mobilizacións en contra do peche do colexio local. Nesta ocasión, celebrouse o sábado unha concentración ante o centro para denunciar “a enterro da ensinanza pública e do mundo rural”.
Na concentración participaron pais e alumnos que satirizaron un enterro con ataúdes, rezos e pancartas contra a acción anunciada pola alcaldía de Begonte.
Os manifestantes leron un manifesto en forma de oficio relixioso e percorreron o camiño ata Begonte coas caixas e as súas reclamacións.
O Concello anunciou este mes a súa intención de trasladar os alumnos de Baamonde ao centro de Begonte para utilizar as instalación de Baamonde para facer un conservatorio que dea servizo a Rábade, Outeiro de Rei e Begonte.
Os veciños foron informados polo Concello en días previos da súa intención e deseguido manifestaron o seu rexeitamento a esta idea, xa que no centro estudan actualmente uns trinta pequenos, que pasarían a incorporarse ao de Begonte, onde hai uns 70.
Os pais néganse a que “se desmantelen servizos” e fixeron chegar a súa protesta ao alcalde que, según aseguran “negouse a reconsiderar a situación” e explicoulles que “coa unificación dos centros tamén se reducirían custos”.
Os manifestantes aproveitaron para subliñar que a escola ofrece un bo servizo e que nos momentos actuais de pandemia sería preferible non concentrar ao alumnado.
Etiquetas BaamondeBegonteconcentraciónmanifestaciónpaisunificación