“Queremos facer un regulamento para as matanzas domiciliarias”

Francisco José Monasterio, presidente de Avimós dende 2006

Francisco José Monasterio Solveira, da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos (Avimós), asociación que preside desde o 2006, fai un balance do sector neste 2020.

Que valoración fai do ano que vén de pasar?
Comezo dicindo que desde Avimos estamos contentos porque o ano pasado inscribíronse 8.000 exemplares e 180 criadores, aos que hai que sumar sobre 600 explotacións en autoconsumo que hai en Galicia, xente que ten galiñas de mostra e que simplemente as ten para comer eles. Son bos datos para nós. Ademais, seguimos a ser a raza autonóctona en perigo de extinción con máis número de exemplares de toda España, e seguimos sendo a única raza avícola e a única de toda España que ten o logo 100%. O ano pasado comercializáronse entre pitos, galiñas, galos, etc, sobre 28.000 animais. Como sempre digo desde que comezamos coa recuperación da raza autóctona, unha raza para que creza hai que consumila senon non chega a nada, e nós si que o logramos.

Que supuxo a suspensión da feira do capón?
Á galiña de Mos non lle repercute nada porque eu era o único que levaba exemplares á feira, entón levaba un número pequeno porque os tamaños dos capóns de Mos non se poden comparar aos tamaños dos outros, que son semipesados e de crecemento rápido. Esperamos que cando se leve a cabo o tema da IXP Capón de Vilalba sexá doutra maneira, porque a IXP di que os animais que se inscriban teñen que ser dunha raza autóctona.

Durante esta pandemia, como se levou estar sen feiras?
Estivemos parados na casa e evidentemente tivemos unha merma moi grande na venda de animais para carne, pero en ovos fumos aguantando. Esperemos que toda esta pandemia pase e que o ano que vén podamos volver funcionar. Pero bueno, á xente hai que dicirlle que teñan sentidiño, que queden na casa, que coman galo de Mos, que un ano pasa rápido.

Dende a asociación, cales son obxetivos de cara a este ano?
Un dos obxectivos que levamos intentando conseguir dende hai moitos anos era que o Ministerio aprobara a sala de matanzas domiciliarias, e a sorpresa foi que fai unos días no BOE saiu publicado este regulamento para que os propios criadores podamos matar e vender os nosos produtos a calquer tipo de negocio legalmente. A nós o que nos interesa é que haxa uns controis sanitarios importantes porque unhas galiñas sanas son uns produtos sanos. Por iso interesábanos moitos e gracias a Deus saíu aprobado estes días e esperamos que os criadores tomemos nota, que temos que ir por ese camiño, como cando comezamos cos centros de embalaxe de ovos. Hoxe en día hai 16 centros para poder vendelos, marcalos e rexistralos. Para o ano que vén intentaremos buscar algunha cousiña para que os nosos criadores podan pegar un salto e poder vivir de todo isto. De momento vén sendo unha axuda, pero esperemos que haxa persoas que podan vivir disto, que se fixe a poboación no rural e que se podan manter economicamente. Estamos vendo ultimamente que hai moitos países que están valorando o km 0, o produto de cercanía. Como en Francia que hai restaurantes que califican os seus produtos de cercanía, para dar valor aos nosos produtos.

E para este ano que toca?
Queríamos o ano que vén intentar destacar un regulamento para preparar un centro de matanzas domiciliarias. Un estudo para que todos os criadores de Avimos poidamos ir todos igual para unha regulamentación equilibrada. Que sexa unha cousa sinxela, porque para matar 500 galos ao ano estemos dentro da normativa do Ministerio e evitar dores de cabeza dos criadores.

Cal é o produto estrela?
O producto estrela é o galo e o ovo. Estamos mandando para Madrid moita galiña de 3 ou 4 anos de 3 ou 4 kilos, ovos tamén, por exemplo eu, todos os que teño saen para alí e ademais pagan algo máis, véndense mellor. A calidade do ovo non ten nada que ver coa dos supermercados.

A galiña de Mos está por toda Galicia?
Por toda Galicia e por toda España. Pódense dar de alta fóra pero teñen que pagar moito en desprazamentos de veterinarios.

Etiquetas