A Xunta asegura a pais e veciños de Baamonde que non hai intención de pechar o colexio

A Xunta asegura a pais e veciños de Baamonde que non hai intención de pechar o colexioA anpa do colexio de Baamonde e a Asociación de Veciños de Baamonde recibiron da Xunta resposta ás súas preguntas sobre o posible peche do centro, concretamente da Xefatura territorial de Lugo.

Segundo indica a resposta da Xunta, “non está previsto facer unificación ou eliminación de centros. En canto ao ámbito autonómico, ao ser unha cuesón doutras xefaturas territoriais, non temos coñecemento”.

Así mesmo indican que  non hai comunicación nin proposta algunha remitida desde o Concello de Begonte. “Tampouco dito concello solicitou en ningún momento a desafectación do colexio de Baamonde, paso previo e imprescindible para poder ubicar en dito centro outra acvidade que non fose educativa e dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Sen ter solicitada esa desafectación, non se pode poñer un conservatorio de música dependente dun concello nun centro educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade”, explica na súa misiva a xefa territorial.

Ademais, o Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en Lugo asegura que “non ten intención algunha de promover unha iniciativa do Concello de Begonte para eliminar un dos colexios dese concello”.

Os dous grupos convocantes aseguran que ante as discrepacias nas respostas en diferentes ocasións, acordaron formular un escrito a Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no que pedirán que se aclare o plan para o centro.

Etiquetas