Gadisa abre un supermercado na estación de servizo de Begonte

Gadisa abre un supermercado na estación de servizo de BegonteGadisa pecha 2020 coa apertura dun punto de venda franquiado Claudio Express na estación de servizo Petrocash en Begonte (Crtra. LU-541, km. 9,5 – Fontefría). Unha funcional tenda que, en 70 m2 de sala de vendas, pon ao dispor dos clientes unha selección de produtos de alimentación, droguería e hixiene para cubrir as súas necesidades básicas.

O Claudio Express abre os 365 días do ano, cun amplo horario ininterrompido de 6 a 23 horas. No exterior os clientes dispoñen dun amplo aparcadoiro para maior comodidade no momento de realizar as súas compras. A posta en marcha deste complexo supón a creación de 4 postos de traballo directos.

Na inauguración do establecemento participou Óscar Barros, director comercial de L. C. Group, propietario da estación, con parte do seu equipo. Por parte de Gadisa, Miguel Freire, director de vendas liña de maior, e Raúl Vázquez, supervisor de franquía na provincia de Lugo.

Os Claudio Express están situados principalmente en estacións de servizo. Son tendas de conveniencia que abren todos os días do ano e caracterízanse pola funcionalidade das súas instalacións. O obxectivo dos puntos de venda desta liña de negocio é satisfacer a demanda dos clientes en canto a ofrecerlles unha variedade de artigos de primeira necesidade.

Etiquetas