Meira acolle hoxe e o domingo senllos concertos de Nadal

A Banda Municipal de Música de Meira celebrará hoxe, mércores  30 de decembro, o seu concerto de Nadal. Será ás 21.00 horas na igrexa parroquial desta mesma localidade. Debido á situación pandémica actual, haberá aforo limitado con apertura de portas de 20.30 horas ás 20.50, para poder controlar o número e a disposición dos asistentes por rigurosa orde de chegada ata completar as prazas dispoñibles.

Pero este non será o único concerto que se celebrará en Meira xa que a Coral Polifónica local tamén actuará, nesta ocasión o domingo 3 de xaneiro, ás 17.30 horas, na igrexa de Meira.

En ambos os dous casos haberá asentos numerados e será obrigatorio manter a distancia de seguridade e o uso de máscara e de xel hidroalcólico.

Etiquetas