O escalador de raíces friolesas Luis Penín volve ser candidato para o Fedme

Luis Penín, escalador de raíces friolesas, volve colocarse entre os candidatos para o premio Fedme na categoría de escalada en xeo e dry tooling. Trátase dunha especialidade que mestura a escalada por xeo e roca e que se practica en zonas nas que as cascadas de xeo non se chegan a formar de todo.

Neste caso, é aspirante xunto co seu compañeiro David López, e ambos os dous compiten con outras 21 candidaturas para a obtención do galardón outorgado pola Federación Española de Escalada e o Consello Superior de Deportes.

Penín e máis López optan a este logro, por un lado, grazas a superar de novo a Stirb langsam (M11+, WI6+, 200m) o pasado mes de febreiro. Esta vía está situada no macizo de Wetterstein, no Tirol austríaco e trátase dunha proba de grande dificultade que para o lucense “foi unha das máis intensas”. Ademais de isto, pretendéselles recoñecer tamén a apertura de Gaia (M12+, W16+, 175m), una vía para profesionais situada á esquerda de Stirb langsam, que realizaron días despois do dito primeiro logro. De gañar esta convocatoria, sería a terceira vez que o lucense consegue o premio, posto que Nos anos 2007 e 2008, conseguiu facerse con el tras encadear o No limit (M12+) en Kandersteg (Suiza) e o Game over (M13-) en Dryland (Austria).

TRAXECTORIA

Luís Penín, que reside e traballa en Andalucía, reparte o seu amor por Galicia entre Racamonde e Ousá, de onde son o seu pais e a súa nai, respectivamente.

Enxeñeiro de montes de profesión, leva 20 anos adicados á escalada e tivo os seus inicios na contorna de Lugo, nos Ancares, Peña Ubiña (Cordillera Cantábrica), no Veral, Penarrubia ou Ombreiro.

Ademais foi campión galego en Cataluña en escalada deportivo e 5º en absoluto e competiu co equipo nacional. Pero non lle gustan estos méritos xa que non o fai por competir senón por que é o seu pasatempo.

No 2011 conseguiu a quinta repetición (primeira española) da exixente Law and order, una liña a de 40 metros do sector Diebsöfen, no Tirol austríaco.

Etiquetas