A escola Movemento de Vilalba organiza un concurso para motivar ao seu alumnado

A escola Movemento de Vilalba organiza un concurso para motivar ao seu alumnadoA escola de baile Movemento de Vilalba organiza a primeira edición do Concurso Movemento, co fin de motivar aos integrantes da escola e non caer no desánimo ante estes tempos difíciles. Aínda que a academia puido continuar coas clases presenciais por ser escola oficial de formación, “cando se puxeron as cousas feas en Vilalba decidimos seguir coas actividades en liña”, comentan. A convocatoria nace por que “o desánimo xa é moi grande e necesitabamos facer algo que faga fixar unha meta”.

O concurso realizarase internamente, e tamén en formato en liña, dende o 1 ao 4 de abril de 2021. Abriranse sete modalidades: ballet, lírico, contemporáneo, jazz, acro, hiphop e carácter. A súa vez, tamén se competirá en catro categorías diferentes en función da idade. A categoría Baby, para nados no 2014 en adiante, a infantil, para nados entre 2005 e 2013, a xuvenil, para nados no 2004 ou antes, e a categoría de familia, grupos de nenos e nenas da escola xunto cos seus pais, nais e demais familia que se anime a participar.

Farán de xurado dous profesores profesionais, Clara de Madrid, examinadora oficial dos niveis de danza, e o coreógrafo italiano Alexio. Para todos os concursantes haberá agasallo e os tres primeiros postos de cada categoría levaranse medallas e diploma. O prazo de inscrición para participar pecharase o vindeiro 31 de xaneiro.

 

 

Etiquetas