Skip to main content

A Casa Habanera acolle hoxe, 2 de xaneiro, a actuación Os Contos da Nai da Miña Nai, da contacontos Fátima Fernández. O acto, destinado a público adulto, dará comezo ás 19:00 horas.

Contará cun estrito protocolo covid-19 e as prazas serán limitadas, polo que asignaranse por orde de chegada ate o seu esgotamento.

Esta peza recolle contos da tradición escrita e oral nos que as mulleres son as protagonistas. Son relatos que foron o xerme da cultura, sobre mulleres que protagonizaron a historia e marcaron a vida e o futuro.

Son relatos na voz de Fátima Fernández nos que se mesturan as penas e as risas, onde as protagonistas non son princesas, nin guerreiras, son personaxes reais, redeiras, gandeiras, bordadoras, labregas… que tiveron que enfrontar unha sociedade que as tratou de xeito diferente.