Vilalba e Xermade seguen sumando casos de covid-19 pouco a pouco

As xornadas de celebración de Fin de Ano non axudaron a controlar o virus na provincia, que seguiu aumentando nas últimas 48 horas os seus casos activos, que xa son 475, 31 máis que o día 31 de decembro. De feito, nas últimas horas rexistráronse 39 casos activos máis mentres que as altas chegan ás 6.568, 51 máis en dúas xornadas.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 7.190 casos rexistrados e 145 persoas falecidas.

Malia o aumento de casos,  baixa a presión hospitalaria levemente, xa que hai dous casos menos que onte. Mentres a UCI mantén a dúas persoas, baixa a hospitalización en planta en dous casos e xa son 16: 3 no Hula, 9 no Hospital da Mariña e 2 no Hospital de Monforte.

Por concellos, Vilalba volve anotar casos positivos e chega a un acumulado en 15 días de 29. En Xermade a situación parece atallada aínda que hai dous casos máis que o día 31 polo que queda situada en 12.

Só Pol e Outeiro de Rei non tiveron casos novos esta quincena.

A situación mellorou moito na veciña vila das Pontes, que rebaixou por debaixo de dez a súa incidencia acumulada na útlima quincena.

Etiquetas