A comarca segue estable mentres na provincia a incidencia da covid sobe

O virus da covid-19 continúa aumentando de forma paulatina na provincia. Este domingo son xa 8 casos máis que onte situando o balance en 483. De feito, nas últimas horas rexistráronse 29 contaxios novos (onte foron 39) mentres que as altas chegan ás 6.593, 25 máis que onte.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 7.223 casos rexistrados e 145 persoas falecidas.

Con este aumento volve subir lixeiramente a presión hospitalaria, xa que hai dous casos máis que onte. Mentres a UCI mantén a dúas persoas, sobe a hospitalización en planta en dous casos e xa son 16: 4 no Hula (un máis), 9 no Hospital da Mariña e 3 no Hospital de Monforte (un máis).

Por concellos, Vilalba volve baixar dous casos no acumulado en 15 días e certifica 27, dous menos. En Xermade a situación parece atallada xa que se mantén en 12.

Só Pol e Outeiro de Rei non tiveron casos novos esta quincena.

A situación mellorou moito na veciña vila das Pontes, que continúa por debaixo de dez a súa incidencia acumulada na última quincena.

Tanto Vilalba como As Pontes están á espera de que se produza unha nova relaxación nas medidas de confinamento que se aplican tanto nas Pontes como en Vilalba, onde hai peche perimetral e control dos aforos.

No resto da provincia a situación preocupa na Mariña, con Viveiro e Xove en alerta pola alta incidencia da covid mentres Burela, Foz e Ribadeo seguen subindo.

Tamén continúa o proceso de vacunación nos centros de maiores da provincia.

Etiquetas