Rematan as obras da circunvalación das Pontes e da senda peonil paralela

Rematan as obras da circunvalación das Pontes e da senda peonil paralela Rematan as obras da circunvalación das Pontes e da senda peonil paralelaA Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou as obras de construción da nova circunvalación das Pontes de García Rodríguez, que se ve complementada cunha rede de sendas peonís e ciclistas en paralelo á nova vía e ao río Eume.

As actuacións permiten dispor dunha nova vía de acceso ao núcleo das Pontes, que serve de alternativa á AC-861, ten 985 metros de lonxitude e comunica a AC-101 coa rúa alcalde Vilaboy Pajón.

Os traballos, que comezaron en xaneiro de 2019, consistiron na construción dunha nova vía de acceso ao núcleo, que funciona como circunvalación, separando a área industrial da residencial e mantendo a conexión coa AG-64.

Ademais, executáronse 3 glorietas, unha en cada extremo, e outra intermedia como intersección coa rúa Areosa e a que dá acceso á fábrica. Tamén se reordenou a intersección existente coa AC-101.

A actuación complementouse cunha rede de sendas de máis de 2,4 km de lonxitude para facilitar a mobilidade peonil e ciclista. Estes itinerarios desenvólvense en paralelo á nova vía e ao río Eume, conectando coas instalacións industriais das Pontes.

A intervención incluíu, ademais, un aparcadoiro disuasorio no entorno da Casa da Enerxía, na Avenida Alcalde Vilaboy, así como a remodelación do tramo inicial das rúas Areosa e Irmáns Tojeiro.

Complétanse así os traballos de reordenación e mellora da mobilidade nesta contorna, que xa permitiron normalizar o pasado 21 de setembro o tráfico no núcleo das Pontes, ao restablecerse a circulación pola nova estrada á conexión entre a AC-101 e a AC-861.

Esta actuación, cun investimento de máis de 2,9 millóns de euros financiados por Endesa Generación S.A, foi executada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Etiquetas