--->https://galiciaxa.com/?p=25141 Estudantes de Vilalba deseñan un proxecto para mellorar a seguridade viaria - Terrachaxa.com

Estudantes de Vilalba deseñan un proxecto para mellorar a seguridade viaria

Estudantes de Vilalba deseñan un proxecto para mellorar a seguridade viariaAlumnos da FP Básica de Electromecánica do Automóbil do IES Lois Peña Novo de Vilalba crean, baixo o proxecto Faite Ver, un sistema para mellorar a seguridade viaria. Os 15 estudantes, baixo a tutela do profesor Manuel Cancelas, comezaron a maquinar a idea no curso pasado co obxectivo de participar na convocatoria de 2019/2020 do programa Lanzadeiras Lugo. Dita convocatoria enmárcase dentro do plan Eduemprende do Sistema Educativo de Galicia, que busca implantar entre a comunidade educativa a iniciativa emprendedora.

O funcionamento do proxecto basease nunhas fotocélulas e sensores que ao detectar que unha persoa pasa por un paso de peóns fai que se acendan liñas con luces LED no chan e paneis luminosos verticais. A finalidade das sinais luminosas é que os condutores e condutoras ollen claramente cando alguén vaia cruzar a rúa.  Ademais, a estrutura conta tamén cun botón que no caso de accionalo mostra a través dun panel se está cruzando unha persoa en cadeira de rodas. Polo momento, os alumnos e profesores do IES Lois Peña Novo quedan á espera de que se resolva a convocatoria. Tras a elaboración dos proxectos entrase na fase de concurso e, a continuación, expoñeríanse nunha feira.

Etiquetas