O Pallaso Total actuará o 9 de xaneiro na Casa Sociocultural de Reigosa

O Concello da Pastoriza organiza para o vindeiro 9 de xaneiro unha visita moi circense na parroquia de Reigosa. A Casa Sociocultural acollerá ás 17.00 horas a actuación de Pallaso Total, un espectáculo que “a través do xogo, máis a interacción do público, provoca a risa e a conexión co neno interior”.

A obra deste orixinal Pallaso Total combina a linguaxe xestual e emocional, ademais de desbordar enerxía. Esta obra forma parte de Duende Circo, unha creación de Víctor Cantero, artista multidisciplinar que actuou por case toda Galiza, ademais de por España, Portugal, Francia, México e Guatemala. Para poder acudir a actuación é imprescindible facer reserva a través do WhastApp 658 264 473.

 

Etiquetas