O premio Hume foi para un traballo de investigación sobre as escolas habaneiras das Pontes
A doutora en arquitectura Alberta Lozano Aspres foi a gañadora da V edición do Premio de Investigación Hume, convocado pola asociación pontesa. O traballo premiado foi A evolución do espazo arquitectónico nas escolas da emigración no Concello das Pontes de García Rodríguez.
O xurado salientou a valía da súa investigación ao redor da orixe, a historia, a evolución e a reforma das cinco escolas habaneiras do municipio.
O segundo premio foi para o arquitecto e doutor en Historia da Arte José Manuel Yáñez, recoñecido xa en dúas ocasións, que lle deu forma á investigación Capelas, ermidas e santuarios. Arte relixiosa en lugares de devoción popular no Concello das Pontes de García Rodríguez, xunto aos arquitectos técnicos Silvia Monzo e Diego Veiga.
Etiquetas As Pontesescolas habaneirasPremio de Investigación