Skip to main content
A PastorizaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

A Pastoriza rexistra 20 casos positivos de covid nas últimas horas

Por 5 Xaneiro, 2021Sin comentarios

A situación empeora na provincia de Lugo e especialmente na Mariña. De feito, volven aumentar os casos activos ata os 531, 24 máis que fai 24 horas, (onte foron 14) xa que nas últimas horas rexistráronse 46 contaxios novos (onte foron 57) mentres que as altas chegan ás 6.649, 20 máis que onte (o día anterior foron 36).

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 7.328 casos rexistrados e 145 persoas falecidas.

Aínda que a UCI quedou baleira hai dous días a presión hospitalaria en planta mantense en 17: 5 no Hula (1 máis), 9 no Hospital da Mariña (un menos) e 3 no Hospital de Monforte (os mesmos).

Por concellos, Vilalba volve rexistrar dous casos novos máis no acumulado en 15 días e certifica 31. En Xermade a situación mantense con 11 casos activos nos últimos días. Destaca a situación da Pastoriza xa que se detectaron 20 casos nas últimas 24 horas. As autoridades sanitarias estudan a procedencia do mesmo.

No resto de Concellos a situación está controlada e mesmo en Pol, Friol e Outeiro de Rei non tiveron casos novos esta quincena.

As Pontes segue por debaixo dos dez casos en quince días e xa ten rebaixada as súas restricións ao saír do estado de aerta.

No resto da provincia a situación preocupa na Mariña, con Viveiro e Xove cun novo crecemento mentres Burela segue subindo e con atención tamén en Foz e Ribadeo. O municipio de Lugo volve subir dos cen casos.

Tamén continúa o proceso de vacinación nos centros de maiores da provincia.