Skip to main content
ActualidadeGuitirizSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

O Concello de Guitiriz convoca catro prazas de servizos sociais

Por 5 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Guitiriz convoca catro prazas de servizos sociais: dúas para o Punto de Atención á Infancia (PAI), unha para o centro de día e outra para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). O anuncio publicouse no BOE o 29 de decembro e as bases no BOP o 26 de outubro.

As dúas prazas de técnico medio do PAI e a de traballador social do SAF vanse cubrir polo sistema de concurso-oposición, en turno libre, mentras que a praza de terapeuta ocupacional para o centro de día cubrirase mediante o sistema de oposición.

Os procesos de selección están xa abertos. Os interesados dispoñen de 20 días hábiles dende a data da publicación no Boe para presentar as súas solicitudes no rexistro xeral do Concello en horario de 8.00 a 15.00 horas de luns a venres.