A Terra Chá controla o virus á espera do que pasa na Mariña

A situación epidemiolóxica na provincia de Lugo refrénase un pouco e suma 7 casos novos máis nas últimas 24 horas ata chegar a 626 (onte foron 44), xa que nas últimas horas rexistráronse 34 contaxios novos (onte foron 63) mentres que as altas chegan ás 6.728, 35 máis que onte (o día anterior foron 25).

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 7.502 casos rexistrados e 145 persoas falecidas.

Coa UCI baleira unha xornada máis a presión hospitalaria en planta descende novamente en dous casos e xa son 17 os ingresados: 5 no Hula, 10 no Hospital da Mariña (un menos) e 2 no Hospital de Monforte (un menos).

Por concellos, Vilalba volve rexistrar dous casos novos máis no acumulado en 15 días e certifica 38. Pola contra, en Xermade a situación segue estabilizada por debaixo de dez casos novos na última quincena. Na Pastoriza tamén se estabiliza a cifra en 22 os casos detectados, a práctica totalidade vinculados á residencia de maiores, onde preocupa a evolución do virus e onde trasladados algúns dos residentes para evitar a propagación.

No resto de concellos a situación está controlada e mesmo en Abadín, Pol e Friol non tiveron casos novos esta quincena.

As Pontes segue por debaixo dos dez casos en quince días e xa ten rebaixada as súas restricións ao saír do estado de alerta.

No resto da provincia a situación preocupa na Mariña con Viveiro e Xove crecendo de forma incontrolada os contaxios ao igual que en Burela. En Chantada e Monforte están tamén certificados 16 casos en cada un nos últimos días e Lugo volve estar por riba dos 100.

Etiquetas