Skip to main content
ActualidadeAs PontesSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

A Xunta supervisa os seus investimentos nas Pontes

Por 9 Xaneiro, 2021Sin comentarios

A Xunta supervisa os seus investimentos nas PontesO delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, comprobou as diferentes actuacións levadas a cabo no concello das Pontes. A través desta liña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, o Goberno galego investiu neste municipio máis de 244.000 euros.

A través desta liña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, o Goberno galego investiu neste municipio 244.000 euros. Trenor explicou que se levaron a cabo varias actuacións como a adquisición dun vehículo eléctrico; a substitución do sistema de bombeo para a mellora da eficiencia enerxética e rendemento do sistema de abastecemento; o mantemento das redes de abastecemento das rúas Cabañas e Antonio Machado; e a limpeza de terreos municipais das marxes e gabias en varias estradas e camiños.

Durante a visita o delegado da Xunta na Coruña informou que a través da orde do Fondo de Compensación Ambiental repartíronse máis de 937.000 euros en 14 proxectos na comarca de Ferrolterra nos municipios de Ares, A Capela, Cariño, Cedeira, Ferrol, Mañón, Monfero, Ortigueira, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño e na mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol.

Trenor destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.

O delegado da Xunta recalcou “estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial, polo que son de gran utilidade para os concellos”.